Terrasa acolle o XLIII Campionato de España Infantil de Inverno


 15 Marzo, 2024   Natación 

Terrasa acolle o XLIII Campionato de España Infantil de Inverno

Os nadadores Álvaro Lavandeira, Anxo Fuentefría e Carlos Casal xunto co adestrador Héctor García, atópanse na localidade de Terrasa onde se está a disputar desde onte e ata o domingo día 17 de marzo, o XLIII Campionato de España Infantil de Inverno. O torneo conta coa participación de 210 clubs, 264 nadadoras e 245 nadadores de 14 e 15 anos. No día de onte, Carlos abreu campionato para os nosos na proba dos 50 metros braza na que foi 11º da categoría de 14 anos cunha mellor marca persoal de 0:33'89 coa que bateu o mellor rexistro do club da súa idade. No día de hoxe, Álvaro nadará os 200 metros libres, Anxo os 200 metros braza e os 400 metros estilos e Carlos os 200 metros braza; mañá Anxo e Carlos nadarán os 100 metros braza e o domingo pechará campionato Anxo coa proba dos 200 metros estilos. Para máis información podédesvos dirixir á web do campionato: https://rfen.es/es/section/web-natacion-infantil-invierno-2024

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.