USC, Narón e Fogar xóganse a liga e o ascenso en Carballo


 26 Abril, 2019   Natación 

USC, Narón e Fogar xóganse a liga e o ascenso en Carballo

Mañá sábado día 27 de abril de 2019 a piscina Carballo Calero acollerá en sesións de mañá e tarde, a finalísima da liga Galega de Clubs de Natación na súa terceira división, proba que achegará a Carballo a 103 nadadores, 50 mozas e 53 mozos. Como locatarios nos xogaremos o título e o ascenso co Universitario de Santiago (20 nadadores) e o Náutico de Narón (21), mentres que pola permanencia loitarán o Mos (20), o Monforte (10) e o Tri Oleiros (9). Nesta ocasión concursaremos cun equipo formado por 24 dos nosos nadadores, das que 11 pertencen á categoría feminina e os 13 restantes á masculina; entre os que se repartirán as 40 probas da xornada, 32 individuais e 8 substitucións. O noso equipo afronta esta xornada decisiva coa firme intención de acadar unha das 2 prazas de ascenso á 2ª división, pero tamén co firme desexo de brindar o título á súa afección. Como arquivo adxunto a esta noticia podedes consultar a lista de saídas desta Xornada Final da liga Galega de Clubs na súa terceira división.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.