Yoel Suárez atópase en Palma de Mallorca coa Selección Galega


 11 Febreiro, 2022   Natación 

Yoel Suárez atópase en Palma de Mallorca coa Selección Galega

Yoel Suárez ven de ser convocado pola FEGAN para tomar parte no X Campionato de España por Federacións Territoriais Júnior e Infantil en Palma de Mallorca. A proba celebrase sen a presenza de público do 11 ao 13 de febreiro na piscina municipal Son Hugo baixo a organización conxunta da RFEN e a Federación Balear de Natación. O noso nadador forma parte do combinado galego da categoría júnior e competirá nas probas individuais dos 100 libres e os 100 e 200 braza e en función do programa de probas e a marcha do equipo masculino estará ao dispor dos adestradores encargados do grupo para nadar tamén as probas de substitucións por equipos. O equipo galego júnior confórmano 5 nadadores, outras 5 nadadoras e 2 técnicos: Luisa Domínguez (Adestradora do CGTD) e Jaime López (CN.Fluvial Lugo). No apartado de descargas natación desta mesma web pódese consultar ao detalle a convocatoria galega. 

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar a análise da navegación dos usuarios e mellorar os nosos servizos. Ao pulsar Acepto consente ditas cookies. Pode obter máis información pulsando Máis información ou ben cambiar a configuración escollendo unha de estas opcións:

Pechar