O pasado sábado día 22 de agosto a Federación Española de Tríatlon retomaba o seu calendario de competicións coa desputa do Campionato de España de Tríatlon Sprint na cidade de Pontevedra; no mesmo tomaban parte 8 dos nosos triatletas, 7 da categoría cadete e 1 da sub23, que baixo estritas medidas de seguridade callaban unha actuación máis que destacada. Pola mañá na categoría cadete masculina, Andrés Prieto proclamábase Subcampión de España a título individual a tan só 8 segundos do gañador da proba, Miguel Guzmán do C.T. Huracán Valencia; David Sancho remataba 40º e Álvaro Elizalde 45º, sumando entre os tres 1 hora 55 minutos e 20 segundos para facerse co bronce por equipos da categoría. En canto ás féminas as nosas cadetes Alba Otero e Marta González eran 60ª e 75ª respectivamente. Xa pola tarde Alberto Tomé do grupo de idade de 20 a 24 anos ocupaba a 18ª praza. Podedes atopar os resultados na seguinte ligazón https://triatlon.org/evento-seleccion-clasificacion/?alias=2020-cto-esp-triatlon-sprint-pontevedra