A primeira das citas puntuables da Liga Talento, onde estamos a militar por cuarto ano consecutivo na 1ª División Nacional Masculina e logo do terceiro posto de 2024; tivo lugar a pasada fin de semana na localidade de Avilés con 6 dos nosos en liza. Nesta primeira parada asturiana disputáronse os Campionatos de España de Dúatlon Contrarreloxo e Remudas por equipos na que os da A.D.Fogar de Carballo e Oleiros tomamos parte con 4 triatletas da categoría xuvenil e outros 2 cadetes de primeiro ano co obxectivo inicial de manternos na categoría. Na mañá do sábado Antón No, Joel Barcia, Lucas Prada, Michel Núñez, Diego Souto e Nicolás Mato remataron a cotrarreloxo por equipos nunha prometedora 10ª praza. O domingo tamén á mañá, Lucas, Joel e Michel correron a Remuda na que foron 14º na categoría Elite, mentres que na categoría Open, reservada aos segundos equipos, Nicolás, Diego e Antón remataron 12º. Á espera de que a FETRI publique a clasificación provisional desta 1ª División Nacional que conformamos 25 equipos, podedes consultar os resultados desta fin de semana no apartado de descargas tríatlon de esta mesma web.