A pasada fin de semana 19 d@s nos@s triatletas de base tomaban parte en dúas frontes competitivas, o I Dúatlon de Nadal Terras de Ordes e a Final Galega do Nada e Corre. A primeira delas, na modalidade de Dúatlon Cros Sprint e Supersprint, celebrábase o sábado pola mañá no Concello de Tordoia, onde tomaban a saída 5 d@s nos@s entre os que acadaban 4 dos podios da xornada. Hugo Souto e Anxo Bello facíanse co ouro e a prata na categoría cadete masculina, María Puga colgábase o ouro na cadete feminina e Rubén Otero facíase tamén co ouro na xuvenil masculina. E na matinal do domingo, Carballo acollía a Final Galega do Nada e Corre no que tomaron parte 14 d@s nos@s. Por equipos fomos subcampións galegos e no apartado individual Valeria Alén na prebenxamín, Martina Santomé na benxamín e Irea Alén na cadete, facíanse coas medallas de ouro femininas mentres que Diego Souto na alevín e Adrián Sancho na cadete, colgábanse os bronces na masculina. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas tríatlon de esta mesma web.