Mañá sábado día 22 de abril de 2022, o Porto de Muros e a súa contorna será o escenario que acolla o Campionato Galego de Dúatlon Super Sprint para as categorías cadete, xuvenil e júnior. A proba puntúa ademáis para o Circuíto Galego Supersprint da presente tempada 2023. Representando á A.D. Fogar de Carballo e Oleiros concursarán once d@s nos@s triatletas, cinco da categoría cadete, catro da xuvenil e dous da júnior. O evento que organiza o Concello de Muros conxuntamente coa FEGATRI, dará comezo as 14:45 horas coa primeira saída e ramatará sobre as 16:00 horas coa entrega de premios da carreira. Toda a información sobre este Campionato Galego de Dúatlon Supersprint podedela atopar na ligazón federativa do evento, https://fegatri.org/evento/vii-duatlon-eleuterio-balayo-concello-de-muros-cpto-xunta-de-galicia-supersprint-cd-xv-jn-cicuito-mozo/. Ademáis no apartado descargas tríatlon desta mesma web tedes a vosa disposición a nosa relación nominal c@s nos@s inscritos para a proba.