A Federación Galega de Tríatlon vén de publicar na súa páxina web a clasificación definitiva do Circuíto Galego de Tríatlon no que figuran once dos nosos triatletas entre os dez mellores deportistas galegos nas súas respectivas categorías. Na categoría benxamín, Óscar Alberte e Joel Barcia foron 2º e 7º respectivamente. Na categoría alevín, Hugo Souto foi 2º, Adrián Sancho 7º e Sofía Alberte 8ª. Na categoría infantil Sergio Soto clasificou 5º, mesmo posto que o acadado polo cadete Andrés Prieto, categoría esta última na que Álvaro Elizalde e Samuel Nuñez foron 9º e 10º. Alberto Tome tamén foi 10º na categoría júnior e Carlos González clasificou 8º na Sub23. Sinalar tamén que na clasificación por equipos, e na súa categoría masculina, fomos 18º dos 32 clubs que conseguían puntuar. Sen dúbida unha tempada para enmarcar a dos triatletas de Carballo e Oleiros que voltarán aos adestramentos o próximo luns día 1 de outubro. En descargas tríatlon desta mesma web pódese consultar a clasificación deste Circuíto Galego de Tríatlon 2018.