O vindeiro sábado día 10 de abril de 2021 a localidade de Muros, acolle o V DÚATLON “ELEUTERIO BALAYO” CONCELLO DE MUROS nas distancias sprint e supersprint, como probas puntuables para o Circuíto Galego de Dúatlon de Estrada e o Circuíto Galego Mozo (cadete, xuvenil e júnior) respectivamente. Nesta última modalidade sobre distancia supersprint tomarán parte representando á AD. Fogar de Carballo e Oleiros 11 d@s nos@s triatletas moz@s, Adrián Sancho, Anxo Bello, Berket López, Carlos Candal e Sofía Alberte da categoría cadete, Diego Campo e Nicolás Cerqueiro da categoría xuvenil e Alba Otero, Darío Esteban, Pablo Tran e Samuel Nuñez da júnior. Mentres que na distancia sprint representaranos o sub23 Pablo Caballero e o veterano Marco Navarro. A proba que organizan o Concello de Muros xunto coa Fegatri, dará comenzo as 15:00 horas coa saída supersprint e ramatará sobre as 19:30 horas coa última entrega de premios da xornada. Toda a información sobre este evento podedela atopar na seguinte ligazón https://fegatri.org/evento/v-duatlon-eleuterio-balayo-concello-de-muros-popular/?instance_id=1743. Ademáis no apartado descargas tríatlon desta mesma web tedes a vosa disposición a nosa relación de inscritos para a proba.