O vindeiro sábado día 20 de marzo de 2021 nas inmediacións do Estadio Vero Boquete de San Lázaro en Santiago de Compostela, celebraráse a 18ª edición do seu dúatlon nas distancias sprint e supersprint, como probas puntuables para o Circuíto Galego de Dúatlon de Estrada e o Circuíto Galego Mozo (cadete, xuvenil e júnior) respectivamente. Precisamente nesta última modalidade sobre distancia supersprint tomarán parte representando á AD. Fogar de Carballo e Oleiros 15 d@s nos@s triatletas moz@s, Alejandro Navarro, Carlos Candal, Cristina López, Hugo Souto, Irea Alén e Sofía Alberte da categoría cadete, Elena Haz, Marta González, Pedro López e Sergio Soto da categoría xuvenil e Álvaro Elizalde, Andrés Prieto, Lucas Lorenzo, Pablo Tran e Samuel Nuñez da júnior. A proba que organizan o Club Tríatlon Inforhouse en colaboración co Concello de Santiago e a Fegatri, dará comenzo as 10:00 horas coa saída supersprint e ramatará sobre as 14:30 horas coa última entrega de premios da xornada. Toda a información sobre este evento podedela atopar na ligazón federativa do XVIII DÚATLON CIDADE DE SANTIAGO. Ademáis no apartado descargas tríatlon desta mesma web tedes a vosa disposición a nosa relación de inscritos para a proba.