O vindeiro sábado día 24 de agosto de 2019 a Ponte dos Tirantes e as súas inmediacións, acollerán a 19ª edición do Tríatlon Cidade de Pontevedra que coincide este ano co Campionato Galego de Tríatlon de Estrada sobre a distancia sprint. Precisamente nesta carreira polos títulos autonómicos a representación da AD.Fogar de Carballo e Oleiros compoñerana 5 dos nosos triatletas, 4 da categoría cadete (3 mozos e 1 moza) e 1 da sub23 masculina, logo de acadar a súa clasificación nalgunha das 4 probas do círcuito. Nas probas populares da xornada tomaremos parte con outros 4 triatletas masculinos na distancia minisprint, 3 deles da categoría infantil e 1 veterán e outros 5 cadetes masculinos na distancia sprint. Ademáis participaremos tamén con 3 dos nosos triatletas alevíns no Nada e Corre non competitivo da xornada. A proba que organiza o Concello de Ferrol e a Fegatri dará comenzo as 14:50 horas co Nada e Corre e ramatará sobre as 21:00 horas coa entrega de premios. Toda a información sobre este evento podedela atopar na ligazón: http://fegatri.org/evento/xix-triatlon-cidade-de-pontevedra-cto-galego-triatlon-sprint-2019/?instance_id=1480. Ademáis nos arquivos adxuntos a esta mesma nova tedes a vosa disposición a nosa própia inscrición.