O pasado sábado celebrouse en Muros o Campionato Galego de Dúatlon Super Sprint no que os da AD. Fogar de Carballo e Oleiros estivemos representados por 17 d@s nos@s triatletas das categorías cadete, xuvenil e júnior. A proba desenvolveuse ben para os nosos intereses cun podio e o 7º posto conxunto por equipos. Desta volta @s mellores actuacións foron para Adrián Sancho, que acadou a medalla de bronce xuvenil, mesma categoría na que Iago Prada foi 4º, Hugo Souto 6º e Nuno Moure 12º. Na categoría xuvenil fixeron top 10, Joel Barcia cun 7º posto e Antón No cunha 10ª praza e na cadete top 20 de Lino Souto que foi 7º, Nicolás Mato 10º, Manuel López e Irene Santomé 18º e 18ª e Carmen Díaz 19ª. Resultados que tedes pendurados no apartado de descargas tríatlon desta mesma web.
A vindeira cita para 15 d@s triatletas da A.D.Fogar será en Ciudad Real o 12 e 13 de abril, localidade onde se disputan o Nacional de Dúatlon Supersprint e a Remuda Mixta da Liga Talento.