O vindeiro domingo día 28 de xullo de 2019 a Praia de Sabón e as súas inmediacións, acollerán a 9ª edición do Tríatlon Concello de Arteixo, proba puntuable para o Circuíto Galego de Tríatlon e clasificatoria para o Campionato Galego sobre distancia sprint. Nesta carreira puntuable para o circuíto e clasificatoria para o galego a representación da AD.Fogar de Carballo e Oleiros compoñena 9 dos nosos triatletas, 8 cadetes (6 mozas e 2 mozas) e 1 sub23 masculino. Na saída popular sobre a distancia minisprint tomaremos parte con outros 4 triatletas da categoría masculina, 3 infantís e 1 veterán. Ademáis participaremos tamén con 5 dos nosos triatletas máis novos das categorías benxamín (1) e alevín (4) no Nada e Corre da xornada. A proba que organiza o Club Tríatlon Arteixo en colaboración co Concello de Arteixo e a Fegatri dará comenzo as 10:45 horas co Nada e Corre e ramatará sobre as 15:00 horas coa entrega de premios. Toda a información sobre este evento podedela atopar na ligazón: http://fegatri.org/evento/ix-triatlon-concello-de-arteixo-proba-circuito/?instance_id=1476. Ademáis no arquivo adxunto a esta mesma nova tedes a vosa disposición a nosa inscrición.