Mañán sábado día 24 de xullo de 2021 o Paseo Marítimo de Xuvia en Narón, será o escenario que acolla o Campionato Galego de Tríatlon Super Sprint para as categorías cadete, xuvenil e júnior. A proba puntúa ademáis para o Circuíto Galego Mozo e conta tamén como proba de selección autonómica para o CAMPIONATO DE ESPAÑA SPRINT a desputar en Pontevedra o 2 de outubro. Representando á A.D. Fogar de Carballo e Oleiros concursarán o sábado en Narón 20 d@s nos@s triatletas moz@s. Na proba feminina correrán tres cadetes, duas xuvenís e unha júnior mentres que na masculina faráno cinco cadetes, outros cinco xuvenís e catro júniors. O evento que organizan a A.D. Náutico de Narón en colaboración co Concello de Narón e a FEGATRI, dará comenzo as 16:35 horas coa primeira saída e ramatará sobre as 17:30 horas coa entrega de premios da xornada. Toda a información sobre este Campionato Galego Mozo podedela atopar na ligazón federativa do IV TRISHARK DE NARÓN. Ademáis no apartado descargas tríatlon desta mesma web tedes a vosa disposición a nosa relación nominal cos inscritos para a proba.