Mañá sábado día 1 de xuño de 2019, a cidade de Lugo acollerá a 1ª edición do Ácuatlon do Club Fluvial. En representación da AD.Fogar de Carballo e Oleiros participarán 22 dos nosos triatletas, dos que 6 son alevíns (4 nenos e 2 nenas), 5 pertencen á categoría infantil masculina, 10 á cadete (9 mozos e 1 moza) e 1 á veterán masculina. A proba que organiza o Club Fluvial e a Fegatri dará comenzo as 16 horas coa saída benxamín e rematará sobre as 19 horas despois das carreiras do resto de categorías, a alevín, a infantil, a cadete e a absoluta; información que podedes ampliar na ligazón: http://fegatri.org/evento/i-acuatlon-club-fluvial-de-lugo/?instance_id=1465. Ademáis no arquivo adxunto a esta mesma nova tedes a vosa disposición a nosa relación de inscritos.