Mañá sábado día 1 de marzo, a localidade de Santiago de Compostela acolle en horario matinal a segunda das probas clasificatorias para a provincia de A Coruña do Dúatlon Escolar Xogade. Proba que contará coa presenza e participación de 12 d@s nos@s triatletas de base; d@s que 2 pertencen á categoría benxamín, 4 á alevín e 6 á infantil. O mesmo sábado e tamén en Santiago, outr@s 14 triatletas representarannos no XXII Dúatlon Cidade de Santiago nas probas dos Circuítos Galegos de Estrada e Super Sprint; nas que concursaremos con 7 cadetes, 2 xuvenís, 3 júniors e 1 sub23 e 1 absoluto. Nas seguintes ligazóns federativas tedes a vosa disposición os pormenores destes eventos:
DÚATLON ESCOLAR
DÚATLON SUPERSPRINT
DÚATLON ESTRADA
Noutra orde de cousas facemos saber que Adrián Sancho e Irene Santomé atópanse de concentración en Cáceres co GIF (Grupo de Interés Federativo) da Federación Galega de Tríatlon. +INFO