O pasado sábado á mañá vinte rapaces-as das categorías pre-benxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete, tiveron a oportunidade de compartir con Javier Gómez Noya as Pho3nix Kids Triathlon Series de A Coruña en formato Ácuatlon non competitivo. Para deleite da canteira do tríatlon galego Javier deu saídas e recibiu ás e os participantes na liña de meta, asinando innumerables autógrafos e pousando para as fotografías. A última hora da tarde chegaba o momento de gozar coa elite nacional no Campionato de España de Tríatlon en Distancia Olímpica, proba na que tomaba parte Andrés Prieto, o noso máximo referente; que callaba unha gran carreira rematando nunha meritoria cuarta praza sub23 e a oitava absoluta. O Domingo tamén sobre distancia olímpica, Alexandre Rodríguez foi 5º do grupo de 40 a 44 anos e Alba Otero 11ª do grupo de 20 a 24 anos. Tamén o domingo pero no Campionato de España sobre distancia sprint, Adrián Sancho e Hugo Souto da categoría xuvenil foron 16º e 39º respectivamente e Carlota Atanes da categoría júnior foi 45ª. As vindeiras citas para @s nos@s serán o sábado día 8 de xullo no Nacional de Tríatlon por CC.AA absoluto e escolar para o que están convocados pola FEGATRI Andrés Prieto, Inés Duarte, Joel Barcia e Oscar Alberte e o domingo día 9 de xullo no Tríatlon de Lugo onde nos representarán outros 4 triatletas.