A cidade de Pontevedra acollía o pasado sábado día 12 de outubro de 2019 a primeira edición do Campionato de España de Tríatlon Contrarreloxo Individual en todas as súas categorías. Modalidade individual cronometrada e sen drafting sobre a distancia sprint de 750 metros de natación (1 volta), 18 quilómetros de ciclismo (3 voltas) e outros 5 quilómetros de carreira a pé (2 voltas). Os da AD.Fogar de Carballo e Oleiros desprazábamos a 3 dos nosos deportistas cadetes e un dos nosos deportistas júnior que callaban un excelente consurso cun botín de 3 ouros e 1 prata. Marta González (1h16'34'') e Andrés Prieto (0h58''31) facíanse co título de campions de España na categoría cadete, Adrián Haz (0h59'42'') facía o propio na categoría júnior mentres que David Sancho (1h03'08'') remataba como subcampión nacional na categoría cadete. Con estes magníficos resultados o equipo de tríatlon da AD.Fogar pon fin a unha tempada 2019 para enmarcar onde os máis novos brillaron a nivel nacional. Os resultados deste Nacional de Tríatlon Contrarreloxo Individual podédela atopar na sección descargas tríatlon desta mesma páxina.