Andrés Prieto (cadete), Pablo Caballero (sub 23) e Carlos Rivas (absoluto) representarán á AD.Fogar de Carballo e Oleiros no Campionato Galego de Dúatlon de estrada que se disputa o domingo no Polígono Río do Pozo da localidade de Narón. A proba autonómica que pecha o calendario rexional deste 2020, contará coa participación de 151 duatletas das categorías masculina e feminina. A competición correrase sobre a modalidade sprint e as distancias de 5 quilómetros de carreira a pé, 19,2 quilómetros de ciclismo e outros 2,5 quilómetros de carreira a pé con saídas graduadas de 2 corredores cada 20” e unha separación lateral de 2 metros, ademais faráse unha pausa de 5 minutos cada 24 duatletas. Todo o referente a este Campionato Galego de Dúatlon de Estrada pode consultarse no seguinte ligazón: INFO EVENTO