Esta fin de semana preséntase intensa para os triatletas da AD.Fogar de Carballo e Oleiros. Mañá sábado día 7 de setembro, a Praia de Aguete en Marín acollerá a segunda proba do Circuíto Galego de Tríatlon de Categorías Menores que contará coa presenza e participación de 10 dos nosos triatletas de base; dos que 1 pertence á categoría prebenxamín, 4 á alevín, outros 4 á infantil e 1 á cadete. O domingo día 8 outros 21 triatletas representarannos en Poio con motivo da celebración do Campionato Galego de Acuatlón en todas as súas categorías. No que a nós respecta concursaremos con 1 benxamín, 5 alevíns, 6 infantís, 6 cadetes, 2 absolutos e 1 veterano. Ambas convocatorias poden consultarse nos arquivos adxuntos a esta mesma nova. Ademais nas seguintes ligazóns federativas tedes a vosa disposición os pormenores dos 2 eventos:
http://fegatri.org/evento/triatlon-de-menores-circuito-e-popular-de-aguete/?instance_id=1514
http://fegatri.org/evento/iii-acuatlon-concello-de-poio-cto-galego-acuatlon-2019/?instance_id=1482