38 d@s nos@s compiten hoxe no Dúatlon Cidade de Santiago


 19 Marzo, 2022   Tríatlon 

38 d@s nos@s compiten hoxe no Dúatlon Cidade de Santiago

En torno aos 350 triatletas de todas as idades daranse cita hoxe na capital galega con motivo da celebración do Dúatlon Cidade de Santiago, proba na que están a tomar parte 38 d@s nos@s triatletas. Na mañán de hoxe entre as 10 e as 12 horas, 7 benxamíns, 11 alevíns e 2 infantís tomarán as saídas das 3 carreiras escolares do programa Xogade, 1ª proba clasificatoria para a provincia de A Coruña. As distancias varían segundo as categorías entre os 400 e os 1200 metros de carreira a pé, os 1800 e os 5400 metros de ciclismo e os 200 e 600 metros de carreira a pé. A partir das 12 horas, 5 benxamíns e 1 prebenxamín participarán na proba de promoción non competitiva para os máis cativos sobre as distancias de 250 metros de carreira a pé, 1000 metros de ciclismo e 125 metros de carreira a pé. E xa pola tarde 7 cadetes, 2 xuvenís e 3 júniors representaranos na proba do circuíto galego mozo supersprint e as distancias de 2 quilómetros de carreira, 7 quilómetros de ciclismo e outro quilómetro de carreira.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.