Todo a punto na cidade de A Coruña para acoller mañá e o domingo as distintas carreiras que compoñen, en todas as súas categorías, o Campionato de España de Tríatlon en Distancia Olímpica, proba que contará coa participación dos mellores triatletas nacionais. Nesta ocasión os de Carballo e Oleiros contaremos co concurso dun equipo formado por catro deportistas masculinos, un da categoría sub23, Alberto Tomé e outros tres da absoluta, Daniel Polo, Adrián Souto e Nicolás Pichel. O domingo os primeiros en tomar a saída serán Alberto Tomé, Daniel Polo e Adrián Souto que o farán as 9:00 horas, seguidos de Nicolás Pichel que fará o propio vinte minutos despois; todos eles sobre un circuito de duas voltas de natación de 750 metros cada unha, cinco voltas de oito quilómetros de ciclismo, e catro voltas de 2,5 quilómetros de carreira a pé. Toda á información referente a este Nacional de Tríatlon Olímpico podédela atopar na seguinte ligazón federativa: http://triatlon.org/triweb/index.php/competicion/campeonato-de-espana-de-triatlon-a-coruna/