41 d@s nos@s triatletas acoden ao Galego de Ácuatlon de Cedeira


 27 Agosto, 2021   Tríatlon 

41 d@s nos@s triatletas acoden ao Galego de Ácuatlon de Cedeira

Mañán sábado día 28 de agosto de 2021 a Praia da Magdalena de Cedeira, será o escenario que acolla o Campionato Galego de Ácuatlon para as categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil e júnior. A proba puntúa ademáis para o Circuíto Galego Mozo de Tríatlon no que 6 d@s nos@s están a puntuar entre os 10 mellores das súas respectivas categorías. Representando á A.D. Fogar de Carballo e Oleiros concursarán o sábado en Cedeira 41 triatletas, 5 prebenxamíns, 3 benxamíns, 8 alevíns, 8 infantís, 11 cadetes, 5 xuvenís e 1 júnior. O evento que organizan a C.N. Cedeira en colaboración co Concello de Cedeira e a FEGATRI, dará comenzo as 19:00 horas coa primeira saída e ramatará sobre as 20:30 horas. Toda a información sobre este Campionato Galego de Ácuatlon de Menores podedela atopar na seguinte ligazón federativa https://fegatri.org/evento/acuatlon-de-cedeira-circuito-mozo/. Ademáis no apartado descargas tríatlon desta mesma web tedes a vosa disposición a nosa relación nominal cos inscritos para a proba.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.