O pasado sábado celebrouse nas inmediacións do Estadio Verónica Boquete o XXII Dúatlon de Santiago nos formatos Escolar, Super Sprint e Sprint nos que os da AD.Fogar de Carballo e Oleiros estivemos representados por 26 d@s nos@s triatletas. As 3 carreiras de Santiago desenvolvéronse ben para os nosos intereses, deste xeito na proba escolar @s máis destacad@s foron, Noah De Castro coa prata benxamín, Tadeo Suárez como 5º alevín, Martina Santomé que foi 13ª infantil e Martín Cid que rematou 23º infantil. Na proba sobre a distancia super sprint Iago Prada, Hugo Souto e Nuno Moure acadaron respectivamente o ouro, a prata e o bronce na categoría júnior, Antón No foi 7º na xuvenil, Diego Souto 7º na cadete e Carmen Díaz 12ª tamén na categoría cadete. Na clasificación conxunta cadete, xuvenil e júnior, @s nos@s subiron ao terceiro banzo do podio por equipos. Na proba sobre a distancia sprint Alejandro Pardo fixo un meritorio 11º posto absoluto e Rubén rematou na 4ª praza sub 23. Os resultados destas probas podédelos atopar no apartado de descargas tríatlon e máis escola desta mesma web. A vindeira cita para 6 dos nosos será o 8 e 9 de marzo en Avilés, localidade onde se disputan os Campionatos de España de Dúatlon Contrarreloxo e Remudas por equipos da Liga Talento, onde estamos a militar por cuarto ano consecutivo na 1ª División Nacional Masculina logo de rematar terceiros a pasada tempada.