A pasada fin de semana, Pedro López e Alba Otero na categoría júnior e Alberto Tomé na sub23, acadaban en Lugo as medallas de bronce nas súas respectivas categorías do XXXIII Tríatlon do Miño; proba puntuable para o Circuíto Galego de Tríatlon Sprint e clasificatoria para o Campionato Galego desta modalidade. Na categoría absoluta Pedro rematou na 6ª praza, Alberto na 14ª e Alba na 18ª.
Mentres, en Ferrol celebrábase o Campionato Galego de Tríatlon de Menores; proba na que tomamos parte con 28 d@s nos@s deportistas de base. Desta volta @s resultados máis destacad@s eran para Martina Santomé, que se facía co subcampionato benxamín feminino, Hugo Souto que acadaba o bronce na proba cadete masculina, Irea Alén 4ª clasificada cadete, Nuno Barcia 6º benxamín, Joel Barcia 6º cadete, Oscar Alberte 8º cadete, Manuel Souto 9º cadete e Manuel Castro 11º infantil. Na clasificación conxunta os da AD.Fogar rematamos nunha meritoria 4ª praza dos 23 equipos participantes.
Resultados que podedes atopar en descargas tríatlon de esta mesma web.