
Carballo acolleu na matinal do domingo 16 de novembro o seu VII Nada e Corre que desta volta foi proba clasificatoria da zona 2 (A Coruña, Arteixo, Betanzos, Carballo, Costa da Morte e Sada) para a final galega da modalidade. E ainda que pasada por auga, a xornada transorreu sen incidencias tanto nas probas de piscina desputadas na Municipal Carballo Calero, como nas de carreira a pé que foron nas rúas Carballo Calero, Carré Aldao e Antón Fraguas. Pola nosa banda tomamos parte con 20 deportistas d@s cales 10 acadaron a súa clasificación directa para a final e outr@s 6 remataron nos postos de podio. Deste xeito Noah de Castro foi 1ª na categoría benxamín, Alexia Mariño e Carlota Lavandeira foron 2ª e 3ª na alevín, Manuel López, Diego Souto e Irene Santomé remataron 1º, 2º e 3ª respectivamente na cadete. Como cuart@s clasificaron tamén para a final galega a benxamín Rosalía Cid, a infantil Martina Santomé, e @s cadetes Carmen Díaz e Lino Souto. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas tríatlon de esta mesma web.