6 podios do Fogar no Ácuatlon de Cedeira para moz@s e menores


 01 Setembro, 2021   Tríatlon 

6 podios do Fogar no Ácuatlon de Cedeira para moz@s e menores

O pasado sábado día 28 de agosto 41 d@s nos@s triatletas tomaban parte na Praia da Magdalena en Cedeira, no Campionato Galego de Ácuatlon para as categorías de menores, ainda que a proba puntuaba tamén para o Circuíto Galego Mozo de Tríatlon polo que incluía a maiores á categoría júnior. Na proba benxamín Martina Santomé foi 6ª, Martín Cid 8º e Marco Vázquez 9º. Na alevín Irene Santomé remataba 5ª, Lino Souto acadaba a medalla de bronce e Manuel López era 8º. No que respecta aos infantís, María Puga foi 9ª, Oscar Alberte medallista de ouro, Joel Barcia medallista de prata, Paulo Rivas 5º e Ian Parga 7º. @s mellores cadetes foron desta volta Irea Alen e Álvaro Díaz 8ªº e Hugo Souto 9º e @s mellores xuvenís Pedro López como medallista de prata, Marta González 7ª e máis Elena Haz 8ª. Na categoría júnior tamén subía ao 3º banzo do podio Alba Otero. Na clasificación por equipos para o cómputo do Circuíto Galego Mozo de Tríatlon fomos 3º; resultados todos eles que podedes atopar no apartado descargas tríatlon desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.