O pasado sábado celebrouse na localidade oleirense de Mera o XXXV Tríatlon Concello de Oleiros, proba de carácter popular no que os da AD.Fogar de Carballo e Oleiros estivemos representados por 6 d@s nos@s triatletas. A carreira foi sobre a distancia sprint e desenvolveuse ben de cara aos nosos intereses con 5 dos 6 triatletas en liza no podio de premiación. Hugo Souto foi 2º absoluto e vencedor júnior, categoría esta última na que estivo escoltado no podio polos seus compañeiros de equipo, Iago Prada na 2ª praza e Juan Rueda na 3ª. Na categoría xuvenil Lucas Prada fíxose coa victoria e na sub 23 Rubén Otero foi 3º e David Sancho 4º. Desde a AD.Fogar lamentan que o Concello de Oleiros non inclúa esta proba no Circuíto Galego nin a abran á participación das categorías de menores para maior apoi e promoción d@s triatletas locais. Os resultados da proba podédelos atopar no apartado de descargas tríatlon desta mesma web.
#tamensomossingulares / #tamensomosdeoleiros