8 postos de podio no Dúatlon Val de Soneira Concello de Vimianzo


 05 Marzo, 2024   Tríatlon 

8 postos de podio no Dúatlon Val de Soneira Concello de Vimianzo

O pasado sábado 18 d@s nos@s triatletas tomaron parte no III Dúatlon Val de Soneira Concello de Vimianzo nas carreiras Súper Sprint e Sprint dos Circuítos Galegos de Estrada e Súper Sprint para este 2024. Na carreira Súper Sprint as cadetes, Irene Santomé (1ª cadete e 3ª da xeral), Inés Duarte (3ª cadete), os xuvenís Adrián Sancho (3º xuvenil e 3º da xeral), e os júniors Rubén Otero e Nuno Moure (1º e 2º júniors) tinguían de cor vermella o caixón de premiación. Ademáis @s nos@s foron 3º no cómputo total por equipos cadetes, xuvenís e júniors. Outros dos destacados da xornada foron os xuvenís Iago Prada, Hugo Souto e Michel Núñez que acadaron a 4ª, 5ª e 8ª praza da súa categoría e a 4ª, 5ª e 9ª praza da xeral respectivamente. Na carreira Sprint o mellor da AD.Fogar foi desta volta Alexandre Rodríguez, 9º clasificado na categoría de veteranos e 40º na absoluta. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas tríatlon de esta mesma web. A videira cita para doce dos nosos será esta fin de semana coa disputa do Campionato Galego de Dúatlon CRE de Vedra, onde tomaremos parte na categoría masculina cun equipo elite e outro open.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.