A AD.Fogar acada catro podios no Galego Mozo de Tríatlon


 27 Xullo, 2021   Tríatlon 

A AD.Fogar acada catro podios no Galego Mozo de Tríatlon

O pasado sábado día 24 de xullo de 2021 a localidade de Narón acollía no Paseo Marítimo de Xubia, o Campionato Galego de Tríatlon Super Sprint para as categorías cadete, xuvenil e júnior masculina e feminina. Proba na que tomamos parte con 20 d@s nos@s triatletas de Carballo e Oleiros. No que á categoría masculina se refire, Pedro López e o equipo xuvenil co propio Pedro como 2º, Rubén Otero 8º e Xabier Guitián 17º, subían ao caixón dos mellores, desta volta como Subcampións Galegos individual e por equipos. A súa estela os cadetes con Hugo Souto 2º, Anxo Bello 16º e Adrián Sancho 18º, colgábanse a medalla de prata individual e a de bronce por equipos. Na categoría feminina os mellores concursos para as nosas foron os de Irea Alén, que remataba a proba na cuarta 9ª praza cadete, Marta González que era 12ª xuvenil e Alba Otero 13ª júnior. No apartado descargas tríatlon desta mesma web tedes a vosa disposición os resultados deste Campionato Galego de Tríatlon Supersprint da categoría moz@.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.