A Fegatri convoca a 2 dos nosos ao Nacional de Tríatlon Escolar


 14 Xullo, 2021   Tríatlon 

A Fegatri convoca a 2 dos nosos ao Nacional de Tríatlon Escolar

A localidade soriana de Almazán acollerá o vindeiro sábado día 17 de xullo unha nova edición do Campionato de España de Tríatlon por Autonomías en Idade Escolar para deportistas das categorías infantil e cadete; evento no que tomarán parte co combinado galego Hugo Souto e Joel Barcia. O parque da Arboleda, con máis de 14 hectáreas de espazo verde a beiras do río Douro, será o epicentro das competicións, que alcanzarán na carreira a pé o centro histórico local. Tras a xornada de entrega de dorsais e acreditacións do venres día 16, na que tamén se realizará o testado de antíxenos a deportistas, adestradores e delegados, as seleccións territoriais de tríatlon competirán na mañá do sábado 17, disputándose en primeiro lugar o campionato nacional en Idade Escolar, a continuación a Substitución Mixta Inclusiva, e finalmente a Substitución Mixta por autonomías. Os circuítos en todos os casos terán 250 metros para o segmento de natación, 6,7 quilómetros no de ciclismo, e 1,5 kms. na carreira a pé final. Toda a información referente a este evento podédela atopar na seguinte ligazón https://triatlon.org/evento/?alias=2021-campeonato-de-espana-de-triatlon-por-autonomi. No apartado de descargas tríatlon desta mesma web tedes tamén á vosa disposición a convocatoria galega.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.