Hoxe comezou na localidade almeriense de Roquetas del Mar a xornada final da Liga Nacional Talentos de Tríatlon coa disputa da contrarreloxo por equipos nas categorías masculina e feminina onde @s nos@s volveron a alternar cos mellores nun percorrido de 250 m de natación, 5,7 quilómetros de ciclismo e 1,6 quilómetros de carreira a pé. Por unha banda os rapaces que formaron con P. López, R. Otero, H. Souto, X. Guitián e A. Díaz, voban cara ao título da segunda división masculina logo de rematar 5º en 23'46'' a tan só tres segundos do caixón dos mellores, Saltoki (23'17''), Diablillos (23'41'') e Montilla (23'44'') e por detrás tamén do Fluvial de Lugo (23'45''), equipos todos eles que militan na 1ª división. Desta maneira os nosos recuperaban o liderato provisional superando nun só punto ao C.T. Ferrol. Por outra banda as rapazas con I. Alen, M. González, E. Haz e C. López eran 20ª en 30'00'' callando unha das mellores actuacións no que vai de liga e mantendo a 7ª praza nacional.