O pasado sábado día 20 de marzo de 2021 nas inmediacións do Estadio Vero Boquete de San Lázaro, celebrábase a 18ª edición do Dúatlon Cidade de Santiago nas distancias sprint e supersprint, como probas puntuables para o Circuíto Galego de Dúatlon de Estrada e o Circuíto Galego Mozo (cadete, xuvenil e júnior) respectivamente. Precisamente nesta última modalidade, sobre a distancia supersprint, 7 d@s triatletas moz@s de Carballo e Oleiros remataban entre os dez mellores das súas respectivas categorías. Na júnior, Andrés Prieto proclamábase vencedor da proba, mentres que Álvaro Elizalde era cuarto, Lucas Lorenzo oitavo e Samuel Núñez décimo. Na categoría xuvenil Pedro López acadaba a cuarta praza e na cadete, Hugo Souto terminaba terceiro e Irea Alén oitava. Os resultados deste XVIII Dúatlon Cidade de Santiago podédelos atopar no apartado descargas da sección de tríatlon desta mesma web.