Máis de 1.800 triatletas daranse cita en Aguias o próximos sábado 16 e domingo 17 de setembro para desputar o Campionato de España de Tríatlon en distancia Sprint; e máis a última xornada da Liga Nacional de Clubs de Tríatlon para a categoría Talento que se pecha coa Substitución Mixta cadete e xuvenil. No que @s nos@s respecta tomarán parte @s cadetes Inés Duarte (recentemente becada para estudar e adestrar no CGTD de Pontevedra), Joel Barcia e Oscar Alberte, @s xuvenís Adrián Sancho, Cristina López, Hugo Souto e Manuel Souto, o júnior Rubén Otero e máis o sub23 Andrés Prieto.
O sábado na Praia de Samil oito d@s nos@s tomarán a saída no I Tríatlon de Menores Cidade de Vigo no que competirán 139 triatletas de base.
Compre reseñar tamén que o pasado 1 de setembro no Campionato Galego de Ácuatlon de Menores e Supersprint de Cedeira, o cadete Joel Barcia e o xuvenil Adrián Sancho obtiveron os títalos de subcampións galegos das súas respoectivas categorías.