Logo do triplete histórico de Águilas co que o noso equipo talento masculino ascendía ata a segunda praza provisional da 1ª División Nacional da Liga Talento, restaba por disputar a substitución mixta na derradeira xornada celebrada o pasado sábado en A Coruña. Na cidade herculina Óscar Alberte, Inés Duarte, Hugo Souto e Irene Santomé acadaron a 9ª praza nacional sumando 51 puntos para rematar terceiros da máxima categoría nacional do tríatlon nas categorías cadete e xuvenil por detrás do Fluvial de Lugo e o Montilla-Córdoba. Outra das alegrías do sábado foi o bronce elite de Andrés Prieto no Campionato de España de Tríatlon Sprint a tan só 6 segundos do gañador da proba, o que supón o primeiro podio elite nun nacional para Andrés e a AD.Fogar; e o mesmo sábado Alberto Tomé foi tamén bronce na distancia sprint na categoría de grupos de idade para os de 25 a 29 anos. Na xornada do domingo no Nacional Súper Sprint, Irene Santomé, Iago Prada, Hugo Souto e Óscar Alberte disputaron tamén as fináis nas súas respectivas categorías, nas que Irene foi 34ª cadete e os xuvenís Iago 13º, Hugo 32º e Óscar 33º remataron 4º por equipos. Resultados que podedes atopar en descargas tríatlon desta mesma web.