Andrés Prieto acadou a prata na Copa de Europa Júnior de Caorle


 17 Maio, 2022   Tríatlon 

Andrés Prieto acadou a prata na Copa de Europa Júnior de Caorle

A pasada fin de semana Andrés Prieto Villar (Oleiros - 2003) engadía outro éxito ao seu palmarés e escribía unha nova páxina na historia das internacionalidades da AD.Fogar logo de acadar a medalla de prata na localidade de Caorle, Venecia, nunha das probas do calendario da ETU, a Copa de Europa Júnior de Tríatlon. Andrés que reaparecía despois da rotura do cóbado callou en Caorle unha actuación moi sólida clasificando o venres segundo na súa semifinal e acadando a medalla de prata na final do sábado a tan só catro segundos da victoria. Final na que o noso saíu da auga no grupo dos mellores logo de nadar os 300 metros en 3'32'', grupo no que se mantivo nos dez quilómetros do segmento ciclista cun parcial de 13'33'' para rematar os dous quilómetros da carreira a pé cun tempo de 5'44'' para chegar á meta a catro segundos do italiano Euan De Nigro en 24'43''. Os resultados desta Europe Triathlon Junior Cup de Caorle tédelos na ligazón https://triathlon.org/results/result/2022_europe_triathlon_junior_cup_caorle/560597 e tamén no apartado de descargas triatlón desta mesma web. A vindeira cita para Andrés será o Campionato de Europa Júnior de Tríatlon a celebrar os días 27, 28 e 29 de maio na localidade polaca de Olsztyn.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.