Andrés Prieto acadou o bronce na Copa de Europa de Olsztyn


 26 Maio, 2024   Tríatlon 

Andrés Prieto acadou o bronce na Copa de Europa de Olsztyn

Onte, sábado día 25 de maio de 2024, Andrés Prieto Villar (Oleiros - 2003) engadía outro éxito ao seu palmarés e escribía outra páxina na historia das internacionalidades da AD.Fogar logo de acadar en Olsztyn, a súa primeira medalla na categoría elite nunha das probas da Copa de Europa de Tríatlon. Andrés callou en Polonia unha actuación moi sólida manténdose sempre nos postos de cabeza, logo de nadar os 750 metros en 9'04'', mantívose no grupo cabeceiro nos 20 quilómetros do sector ciclista cun parcial de 28'05'' e rematou os 5 quilómetros de carreira a pé en 14'49''. Apretado final para o podio que se decidía co ouro para Graf con 53'28'', a prata para Wernersen con 53'33'' e o bronce para Andrés Prieto con 53'35''. 
Destacada tamén a participación dos nosos no XXXIV Tríatlon de Oleiros, ouro e prata absolutas para Hugo Souto e Alberto Tomé, prata júnior para Rubén Otero e ouro veterano 1 para Alexandre Rodríguez.
Resultados todos eles que podedes atopar no apartado descargas tríatlon desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.