Onte, domingo día 8 de agosto de 2021, Andrés Prieto Villar (Oleiros - 2003) engadía outro éxito ao seu palmarés e escribía unha nova páxina na historia das internacionalidades da AD.Fogar logo de acadar a medalla de bronce na localidade letona de Riga nunha das probas do calendario da ETU, a Copa de Europa Júnior de Tríatlon https://triathlon.org/events/event/2021_europe_triathlon_junior_cup_riga. Andrés callou en Letonia unha actuación moi sólida saindo da auga segundo logo de nadar os 750 metros, manténdose no grupo perseguidor nos 20 quilómetros do segmento ciclista despois da escapada do noruegués Wernersen e rematando a carreira a pé co segundo mellor tempo dos participantes para chegar á meta 16 segundos por detrás de Cantero e a tan só 4 segundos de Wernersen. Un pequeno atranco coas zapatillas na T2 que resultou nunha perda duns 15 segundos privaron a Andrés da loita pola victoria final. Os resultados desta Europe Triathlon Junior Cup de Riga tédelos na ligazón https://triathlon.org/results/result/2021_europe_triathlon_junior_cup_riga/454472 e tamén no apartado de descargas triatlón desta mesma web.