Andrés Prieto Villar participará mañán sábado día 29 de maio de 2021, nunha das probas da Copa de Europa de Tríatlon, evento que a ETU organiza na localidade polaca de Olsztyn
https://triathlon.org/events/event/2021_europe_triathlon_cup_olsztyn.
Esta proba foi designada pola Federación Española de Tríatlon como clasificatoria para o Campionato de Europa Júnior de Tríatlon e desenvolverase sobre a modalidade sprint e as distancias de 750 metros de natación, 20 quilómetros de ciclismo e 5 quilómetros de carreira a pé. Precisamente na procura dunha destas prazas europeas anda inmerso Andrés, que o pasado 16 de maio foi 9º absoluto e 8º júnior noutro dos clasificatorios, o Tríatlon Porta de Palmas de Badaxoz. Intenso o mes de maio para o triatleta da AD.Fogar que está a compaxinar a práctica deportiva de tan alto nivel coa súa preparación para a ABAU e as probas de acceso á Blume.