Andrés Prieto Villar (2003), ven de ser convocado pola FETRI para tomar parte o vindeiro domingo día 8 de agosto de 2021 nunha das probas da Copa de Europa de Tríatlon, evento que a ETU organiza na localidade de Riga en Letonia https://triathlon.org/events/event/2021_europe_triathlon_junior_cup_riga. Esta proba desenvolverase sobre a modalidade sprint e as distancias de 750 metros de natación, 20 quilómetros de ciclismo e 5 quilómetros de carreira a pé. O combinado nacional júnior masculino conformano 4 triatletas co propio Andrés Prieto, Ander Michelena, David Cantero e Carlos Vizcaíno. O triatleta da AD.Fogar que leva concentrado desde fai máis dunha semana coa selección española, conta con manter o nivel despregado na súa primeira experiencia internacional con motivo da Copa de Europa Júnior de Olsztyn, proba na que acadaba en maio a 5ª praza a 39'' do vencedor e a tan só 19'' do podio, e todo iso a pesar de ser júnior de primeiro ano e sufrir un enganchón no sector ciclista. No apartado descargas tríatlon desta mesma web podedes consultar a convocatoria do equipo nacional para esta Europe Triathlon Junior Cup de Riga - Letonia.