Andrés Prieto Villar (Oleiros 2003), xa está en Banyoles onde mañá as 8:15 horas tomará parte noutra das probas da Copa de Europa Júnior de Tríatlon, evento organizado pola ETU https://www.triathlon.org/events/event/2021_europe_triathlon_junior_cup_banyoles. A proba desenvolverase sobre a modalidade sprint e as distancias de 750 metros de natación, 20 quilómetros de ciclismo e 5 quilómetros de carreira a pé na contorna do Lago de Banyoles. O combinado nacional júnior masculino conformano nesta ocasión un total de 14 triatletas entre os que loitarán pola 2 prazas vacantes para o Mundial da categoría a desputar en Bermuda no mes de outubro https://www.triathlon.org/events/start_list/2021_europe_triathlon_junior_cup_banyoles/455089. O triatleta da AD.Fogar conta con manter o nivel despregado na súa segunda experiencia internacional con motivo da Copa de Europa Júnior de Riga en Letonia onde foi 3º a tan só 16'' do vencedor e logo de sufrir un pequeno atranco coas zapatillas na 2ª transición que ben lle puido custar o triunfo final. Dende a localidade catalana Andrés pora rumbo ao seu novo destino para a vindeira tempada 2021-2022, o CAR de Madrid.