A localidade de Ceuta acolle o domingo unha das probas de categoría elite da Copa de Europa de Tríatlon que contará coa presenzana de Andrés Prieto. O noso que ven recuperando a súa forma física logo dunha lesión de xeonllo, conta con poder baterse cos mellores. En total serán 71 os triatletas en liza dos cales 24 representarán a España sobre a distancia sprint. +INFO
Falando de tríatlon internacional e categoría elite, compre destacar tamén a participación de 2 dos nosos na Copa de África de Marruecos celebrada o 21 de setembro, foron Adrián Sancho que rematou 35º e Hugo Souto que clasificou 44º.
Ademáis o pasado 20 de setembro no Campionato Galego de Ácuatlon de Narón, David Murado foi 4º sub 23; na categoría cadete Manuel López acadou o bronce, Diego Souto foi 5º, Lino Souto 12º e Irene Santomé 13ª e na xuvenil Lucas Prada acadou a 6ª praza.
Os resultados de Marruecos e Narón poden consultarse no apartado de descargas tríatlon desta mesma web.