Andrés Prieto Villar (Oleiros, 2003), participará o vindeiro domingo día 16 de maio de 2021 na 17ª edición do Tríatlon Porta de Palmas que a Federación Extremeña de Tríatlon organiza en Badaxoz https://triatlonextremadura.com/evento/xvi-triatlon-puerta-palmas-de-badajoz/. A proba foi designada pola Federación Española de Tríatlon como clasificatoria para os Campionatos de Europa Júnior de Tríatlon e desenvolverase sobre a distancia supersprint e o formato de dúas semifinais de 75 deportistas cada unha e unha final cos 35 mellores de cada semifinal máis os 5 mellores tempos da xeral non clasificados por postos. Precisamente na procura dunha destas prazas europeas anda inmerso Andrés, que a fináis de este mes tomará parte tamén na súa primeira proba ITU, a Copa de Europa Júnior de Tríatlon que se disputa na localidade polaca de Olsztyn. Intenso o mes de maio para o triatleta da AD.Fogar que está a compaxinar a súa preparación cos exames finais de segundo de bacharelato e as probas de acceso á Blume.