Onte sábado día 6 de novembro de 2021, Andrés Prieto Villar engadía outro gran éxito ao seu palmarés e voltaba a escribir unha nova páxina na historia do noso clube logo de acadar na localidade lusa de Quarteira a décima praza no seu primeiro Campionato do Mundo Júnior de Tríatlon https://www.triathlon.org/results/result/2021_world_triathlon_junior_championships_quarteira/530440. Logo das tres primeiras saídas internacionáis europeas nas que fora 5º en Ollsztyn, 3º en Riga e 14º en Banyoles, Andrés asinaba un Top 10 mundial moi prometedor nunha proba de máximo nivel que gañaba para o equipo español Igor Bellido en 55'22'', seguido de Batista 55'39'' (POR), Coy 55'40'' (GBR), Kolkman 55'48'' (NED), Topper 55'59'' (GER), Panjer 56'03'' (NED), Espuna 56'10'' (ITA), Luberti 56'12'' (SUI), Basanta 56'15'' (ESP) e o noso Andrés a menos dun minuto do gañador con 56'18'', BRUTAL !!!. Resultados que podedes consultar no apartado de descargas triatlón desta mesma web.