O pasado domingo o júnior Andrés Prieto da AD.Fogar participaba en Ceuta na súa segunda proba da Copa de Europa de Tríatlon na categoría élite. Con saída dende a Praia da Ribera, a competición desenvolvíuse sobre a distancia sprint, 750 metros de natación, 20,8 quilómetros de ciclismo e 5 quilómetros de carreira a pé. Nesta súa segunda proba na máxima categoría o noso foi de menos a máis, e tivo que traballar arreo para remontar posicións logo de sair 32º no sector de natación nun tempo de 9'11''. No segmento ciclista Andrés marcaba xa o 20º mellor parcial (28'30'') e na carreira a pé o 17º (15'37'') para rematar a proba no top 20 cun tempo total de 54'50'', a menos dun minuto do gañador da proba e como 2º deportista máis novo en cruzar a liña de meta. Os resultados desta proba podédelos atopar no apartado descargas tríatlon desta mesma web.