Andrés Prieto foi 9º elite na World Triathlon Cup de Miyazaki


 13 Novembro, 2025   Tríatlon 

Andrés Prieto foi 9º elite na World Triathlon Cup de Miyazaki

A pasada fin de semana Andrés Prieto Villar desputou a súa segunda proba elite na Copa do Mundo de Tríatlon que se correu sobre a distancia sprint de 750 metros de natación, 20 quilómetros de ciclismo e 5 quilómetros de carreira a pé na localidade xaponesa de Miyazaki. Andrés callou unha moi boa carreira rematando na 9ª praza cun tempo total de 55 minutos e 18 segundos, a menos de 30 segundos do gañador da proba, o suizo Max Studer. O noso amosouse moi regular durante toda a carreira, 15º mellor tempo nadando (9'09''), 9º mellor tempo no segmento ciclista (30'13'') e 6ª mellor marca na carreira a pé (14'36''). Resultados que podedes atopar no apartado de descargas tríatlon desta mesma web. A vindeira cita para Andrés Prieto será este sábado en Corea do Sur na proba da World Triathlon Cup de Tongyeong.  

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.