Andrés Prieto gaña con autoridade o Tríatlon de Aguilar de Campoo


 13 Xuño, 2023   Tríatlon 

Andrés Prieto gaña con autoridade o Tríatlon de Aguilar de Campoo

A localidade palentina de Aguilar de Campoo acolleu o pasado sábado con 60 prazas en xogo, o clasificatorio para o Campionato de España de Tríatlon Estándar (distancia olímpica) que se celebrará o próximo día 1 de xullo en A Coruña. E a primeira destas prazas era para o noso referente, Andrés Prieto Villar (Oleiros 2003) que gañaba a proba de maneira incontestable nun tempo de 1 hora, 57 minutos e 23 segundos. Andrés que comezou a proba encabezando o primeiro segmento dos 1.500 metros de natación (0:20.40) cun pequeno marxen de 3 segundos xa non cedería a cabeza, e ao remate dos 40 quilómetros (1:02.52) de ciclismo cobraba unha vantaxe de 40 segundos con respecto ao grupo perseguidor. Diferenza máis que suficiente para ramatar os 10 quilómetros de carreira a pé (0:32.32) con 22 segundos sobre o segundo clasificado. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas tríatlon desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.