O pasado domingo día 5 de setembro Andrés Prieto Villar (Oleiros - 2003), participaba na localidades catalana de Banyoles noutra das probas da Copa de Europa Júnior de Tríatlon. Andrés que viña de lograr un 5º posto en Polonia e un 3º posto en Letonia, remaba nesta ocasión na 14º posición como o cuarto mellor triatleta español por detrás de Cantero que gañaba a proba, Bellido que era 4º e o tamén galego Basanta que acadaba a 6ª praza. Nunha carreira rapidísima de moitísimo nivel na que o noso estivo loitando sempre entre os dez mellores nos segmentos de natación e ciclismo, cedía na carreira a pé para rematar cun tempo de 53 minutos e 16 segundos a un minuto do vencedor da proba. Con este resultado tan traballado, Andrés que adestra xa dende o luns no C.A.R. de Madrid, segue a sumar experiencia internacional como júnior de primeiro ano. Os resultados desta Europe Triathlon Junior Cup de Banyoles tédelos na ligazón https://www.triathlon.org/results/result/2021_europe_triathlon_junior_cup_banyoles/455089 e tamén no apartado de descargas triatlón desta mesma web.