Andrés Prieto tomará parte o domingo no Dúatlon de Valdebebas


 27 Xaneiro, 2023   Tríatlon 

Andrés Prieto tomará parte o domingo no Dúatlon de Valdebebas

Ás 9 horas do vindeiro domingo día 29 de xaneiro de 2023, Andrés Prieto da A.D. Fogar de Carballo en Oleiros, tomará a saída do XIII Dúatlon Supersprint de Valdebebas. A proba discorrerá pola localidade madrileña sobre un circuíto de 3 quilómetros de carreira a pé, 10 quilómetros de ciclismo e outros 1,7 quilómetros de carreira a pé. Andrés agarda poder estar novamente entre os mellores da proba tal e como aconteceu a pasada semana no Dúatlon Sprint de Tres Cantos, onde rematou a proba na segunda praza absoluta logo dun sprint final de infarto. O primeiro clasificado foi Pelayo González que parou o crono en 53'44'', segundo foi Andrés que fixo o propio en 53'45'', mesmo tempo que acadaba Juan González o terceiro en discordia. Os resultados deste Dúatlon de Tres Cantos podedes consultalos en descargas tríatlon desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.