O pasado domingo día 6 de outubro de 2024 Andrés Prieto Villar tomou parte na localidade de Ceuta noutra das probas elite da Copa de Europa de Tríatlon sobre distancia sprint. O noso capitán foi quen de rematar nunha moi traballada oitava praza dando sempre a cara nos postos de cabeceiros a pesar de non atopar o seu mellor ritmo no derradeiro segmento de carreira a pé. A victoria foi desta volta para o británico Ben Dijkstra en 54'04'' polos 55'09'' de Andrés, que sumou os puntos necesarios para ascender vinte postos no ránking continental para posicionarse 136º como 13º español. Desde o 2021 Andrés participou en 25 probas a nivel internacional acadando 5 pódios continentais, 3º na Copa de Europa Júnior de Riga no 2021, 2º na Copa de Europa Júnior de Caorle no 2022, 2º na Copa de Europa Júnior de Izvorani no 2022, 1º na Substitución Mixta da Copa de Europa Júnior de Izvorani no 2022, 3º na Copa de Europa Elite de Olsztyn no 2024.